O lume comezou nun electrodoméstico na cociña e afectou a toda a estancia. Ademais, o fume afectou ao resto da casa. As dúas persoas que se atopaban na vivenda foron evacuadas, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, ao Hospital Arquitecto Marcide.
Os feitos sucederon ao fío das 9:30 horas. Foron varias persoas particulares as que deron conta do incendio ao 112 Galicia.
Axiña, desde o 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ferrol, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local.
Incendio nun garaxe en Culleredo
Por outra banda, un incendio calcinou dous turismos por completo e deixou outro parcialmente danado, no garaxe dun edificio da Avenida de Portazgo. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.
Ocorreu uns minutos antes das 9:00 horas desta mañá. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia de que saía fume do garaxe.
Acto seguido, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Arteixo, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local.