Imaxe escoitar Escoitar
venres, 26 Novembro, 2021

Un incendio declarado no interior dunha vivenda, a pasada noite en Vigo, saldouse co traslado de dúas persoas afectadas por inhalación de fume.

ÁS 00:30 horas, o 112 Galicia recibiu unha alerta do servizo de teleasistencia da Cruz Vermella por mor dunha persoa que lles avisaba de que lle ardía a cociña na súa casa da Rúa da Estrada.

Inmediatamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) facilitáronlle a información aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e aos servizos sanitarios.

Unha vez xa rematadas as tarefas de sufocación do lume no lugar, a dotación de Bombeiros desprazada confirmoulle ao 112 que o incendio afectara a parte da cociña da vivenda. Ademais, pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 indicaron que tiveron que trasladar a dúas persoas, por inhalarción de fume, ao Hospital Povisa.

facebook twitter instagram