Imaxe escoitar Escoitar
luns, 17 Decembro, 2018

Un incendio na cociña dunha vivenda na rúa Profesor Otero Pedrayo, á altura do nº26, en Lugo, provocou que dúas persoas fosen trasladadas por inhalación de fume ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia pasadas as 13:30 horas informando de que saía fume do piso e solicitaba medios para acceder á vivenda.

No mesmo intre que se recibiu o aviso, dende o CIAE 112 Galicia informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Lugo e tamén da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil da cidade.

facebook twitter instagram