Alertas activas:

Escoitar
domingo, 10 Decembro, 2023

Os ocupantes do turismo foron axudados polos equipos de emerxencia despois de saírse da vía o vehículo no que circulaban na AP-9, entre o quilómetro 156 e 157, ao seu paso pola parroquia de Cabral (Vigo).

Foi a chamada dun particular ao fío das 10 horas da mañá ao 112 Galicia a que alertou do suceso. Segundo contaba, un vehículo saírase da vía neste punto e quedara envorcado tras dar varias voltas de campá. Este particular engadía que no interior do vehículo podería haber persoas feridas e atrapadas.

Axiña, desde o 112 Galicia informouse do sinistro a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo, co fin de comprobar o estado dos implicados e prestar axuda para a súa liberación en caso necesario. Á súa chegada, informan que non foi necesario empregar o material de excarceración, bastou con forzar unha porta para liberar ás vítimas.

Cómpre sinalar, que desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

facebook twitter instagram