Escoitar
sábado, 9 Decembro, 2023

Dous menores faleceron a pasada noite despois de que batesen dous coches entre o punto quilométrico 1 e 2 da PO-313, en Marín (Pontevedra). Ademais, outras dúas persoas resultaron feridas no sinistro.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ao fío das 21:30 horas da pasada noite, mediante as chamadas de diversos particulares que alertaban dun grave accidente neste punto. Segundo informaban tratábase dunha colisión frontal entre dous vehículos.

Ata o lugar, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, pouco despois, confirmaban o falecemento de dous menores que ían no mesmo vehículo e, a maiores, o traslado de outras dúas persoas ao centro hospitalario de referencia.

Con todo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia tamén informaron do sinistro aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Policía Nacional e Local, aos membros de Protección Civil de Cangas e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio aos familiares das vítimas.

facebook twitter instagram