Escoitar
martes, 7 Decembro, 2021

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de caer unha peza metálica dende o teito dun supermercado situado na Avenida das Carolinas, en Vilgarcía de Arousa.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, derrubouse unha estrutura metálica da cuberta superior do establecemento e arrastrou parte do teito, que rematou batendo co mostrador dunha das tendas e feriu a dúas persoas, que tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Os feitos sucederon moi preto das doce e cuarto. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular alertou ao 112 Galicia da caída de parte do teito do supermercado e, segundo indicaba na súa comunicación, había persoas feridas.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, de Protección Civil de Vilagarcía e dos axentes da Policía Local e Nacional.