Escoitar
luns, 2 Agosto, 2021

Dúas persoas precisaron asistencia este mediodía despois de que o coche no que viaxaban rematase fóra da vía en Coles, concretamente no lugar de Gustei.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, unha muller foi liberada do interior do vehículo accidentado polos Bombeiros do Carballiño. Aínda que os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Carballiño descartaron empregar o material de excarceración, estes efectivos forzaron unha porta do coche para lograr amplitude e, así, sacar á muller. Finalmente, as dúas persoas feridas neste sinistro foron evacuadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular, ao fío da unha da tarde.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do accidente ao GES do Pereiro de Aguiar e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coles.