Escoitar
mércores, 13 Outubro, 2021

Dúas persoas resultaron feridas, esta mañá, tras un accidente de tráfico entre un autobús e un turismo, en Oleiros.

O aviso do sinistro doullo un particular ao 112 Galicia a poucos minutos das 07:30 horas. A persoa informaba da colisión, producida na estrada que une Mera coa Coruña, á altura de Arillo, e solicitaba asistencia médica para o condutor do coche implicado.

Nada máis recadar os datos, os operadores do CIAE-112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos servizos médicos, dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e dos membros do Servizo de Emerxencias de Oleiros. Foron estes últimos os que, finalmente, indicáronlle ao 112 que tanto o condutor do turismo coma a única pasaxeira do autobús foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.