Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 21 Xullo, 2019

Dúas persoas resultaron feridas a causa dun accidente de moto rexistrado na AC-862, en Ortigueira.

Para atender aos feridos, acudiu ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que evacuou a un dos ocupantes da moto sinistrada. 

A outra persoa foi trasladada en ambulancia, mentres que os servizos de emerxencias se encargaron da limpeza da calzada co fin de restablecer as condicións de seguridade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse preto da unha desta tarde cando os dous feridos circulaban en moto pola estrada que une Ferrol con Ortigueira. Decontado, o persoal do 112 pediu a colaboración dos membros do GES da localidade, así como dos equipos de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias xa tiñan coñecemento do suceso en enviaban os recursos médicos necesarios para atender aos feridos. 

 

facebook twitter instagram