Alertas activas:

Escoitar
domingo, 11 Febreiro, 2024

Foi o persoal dos servizos sanitarios o que, pasadas as 18:30 horas, contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e explicou que o coche quedara accidentado no quilómetro 2 da LU-541, en Saavedra. Ademais, dúas persoas que viaxaban no vehículo estaban feridas, aínda que liberadas e accesibles.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén interveu a Garda Civil de Tráfico.

Coche envorcado en Cerdedo-Cotobade
Nestoutro accidente, un turismo quedou envorcado no quilómetro 74 da N-541, en Sacos, dez minutos despois das 18:30 horas. 

Nos primeiros momentos, os alertadores que se achegaron a auxiliar, e que posteriormente informaron ao 112 Galicia, apuntaban a posibilidade de que a persoa implicada estivera atrapada no interior do vehículo.

Con todo, os membros de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade conseguiron retirala coa axuda dunha persoa particular.

Para este operativo foron informados os servizos sanitarios, os Bombeiros do Salnés e de Pontevedra, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e os servizos de mantemento da estrada.

facebook twitter instagram