Imaxe escoitar Escoitar
luns, 5 Decembro, 2022

Os servizos sanitarios atenderon a dúas persoas, mentres que os operarios de mantemento das estradas se encargaron de despexar a vía.

Un familiar dunha das persoas implicadas informou ao 112 Galicia instantes despois das 12 horas. Tres vehículos acababan de colidir no quilómetro 24 da AC-552, á altura de Cabovilaño, na Laracha. O mesmo particular indicaba que, malia non haber persoas atrapadas, era necesaria a intervención dos servizos sanitarios.

Á súa chegada, os membros da Agrupación de Protección Civil do municipio solicitaron a colaboración dos operarios de mantemento das estradas para limpar os restos do accidente, a fin de restablecer as condicións óptimas de circulación: restos de combustible, aceite e dos propios vehículos quedaran esparexidos sobre o asfalto. Ademais, desde o 112 alertárase do acontecido ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local da Laracha.

Eran os axentes da Policía Local os que, pasadas as 12:30 horas, confirmaban que os servizos sanitarios estaban a atender, no punto do accidente, ás dúas persoas que resultaran feridas.

facebook twitter instagram