Escuchar

Buscamos formas para reducir os accidentes no fogar, especialmente aqueles nos que se poden ver implicadas persoas maiores. Por iso, se convives con persoas de avanzada idade ou con dificultades para moverse, facilita mediante estes pasos, os seus desprazamento dentro casa e reduce, desta maneira, as posibilidades de sufrir unha caída ou calquera outro incidente.

Igualmente, se es maior e vives só ou soa e gozas dun bo estado de saúde, non escatimes en precaucións. Toma nota a estas accións sinxelas:

  • Suficiente iluminación no fogar
  • Un calzado que permita estabilidade e unha boa adherencia
  • Retira cables, alfombras ou obxectos que poidan resultar inestables