
Como non podía ser menos, velaiquí van algunhas recomendacións para levar da mellor maneira posible este raro decembro e frear unha curvo que sería fatal en xaneiro.
Para iso, chamamos a atención sobre certos aspectos que están nas nosas mans xestionar e pódennos axudar a protexer e protexernos. Bota un ollo:
- Fixa metas realizables no contexto actual: reduce desprazamentos e contactos
- Planifica as túas compras co fin de evitar a compulsión e as aglomeracións de xente
- Mantén os bos hábitos adquiridos: máscara, hixiene e ventilación
Se por algún momento sofres a tentación de pasar por alto as restriccións ou as recomendacións, bota un ollo ás cifras e saberás que debes facer o correcto.

