Escuchar
domingo, 21 Xullo, 2019

Un veleiro encallou a uns 100 metros da Praia de Mera, en Oleiros, ao bater contra unhas rochas do fondo. Como consecuencia do impacto, unha muller tivo que ser evacuada debido ás lesións provocadas polo golpe.

Por fortuna, o resto da tripulación, tres adultos e dous nenos, atopábase en perfecto estado de saúde.

Foron os propios afectados quen ás 13:30 horas de hoxe chamaron ao 112 Galicia logo de quedar encallado o veleiro no que navegaban. Decontado, informouse a Salvamento Marítimo e aos socorristas da zona, que trasladaron na súa embarcación á muller ferida para que fose atendida por unha ambulancia no Porto de Mera. Foi a única persoa, das cinco que ían no veleiro, que necesitou asistencia médica. O resto atopábase en perfecto estado, mentres que a embarcación quedou fondeada ao non presentar vías de auga.

Non obstante, o persoal de Salvamento Marítimo revisou o veleiro para asegurarse de que non había máis danos.