Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 21 Novembro, 2020

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na mañá de hoxe a unha persoa que foi sacada da auga en estado inconsciente na Praia de Santa Comba, no termo municipal coruñés de Ferrol. O traslado ata o Hospital Arquitecto Marcide foi efectuado polo equipo médico en ambulancia.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas do suceso, os feitos ocorreron poucos minutos antes das doce nas proximidades das escadas principais que dan acceso ao areal. Neste momento, varios particulares contactaron co 112 para pedir asistencia urxente para unha persoa á que sacaran da auga en estado inconsciente.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos efectivos de Protección Civil de Ferrol.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que a persoa foi evacuada ao centro hospitalario.

facebook twitter instagram