Imaxe escoitar Escoitar
martes, 2 Outubro, 2018

Un home tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao centro hospitalario de referencia a causa dunha indisposición mentres viaxaba nunha furgoneta no termo municipal coruñés de Rianxo.

Sucedeu ás 16:05 horas, momento en que varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun home tendido no chan e inconsciente fóra dun vehículo que estaba parado no punto quilométrico 11 da AG-11. As persoas que alertaron ao 112 Galicia engadían no seu relato que dúas mozas se atopaban a carón da furgoneta intentando reanimar ao varón.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do servizo de mantemento da autovía, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a circulación de vehículos na autovía foi desviada cara a saída de Rianxo para que a aeronave mobilizada polo 061-Urxencias Sanitarias aterrase no lugar dos feitos.  Unha vez que o home foi evacuado no helicóptero, ao fío das 16:45 horas, o tráfico quedou restablecido con normalidade.

facebook twitter instagram