Imaxe escoitar Escoitar
venres, 3 Xullo, 2020

Un home tivo que ser trasladado a un centro hospitalario esta tarde despois de sufrir unha indisposición mentres se atopaba na auga na Praia de Cabeceira, en Poio.

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar da situación do varón ás 18:20 horas. Indicaban no seu relato que o home estaba afogándose e o estaban atendendo os socorristas no areal.

Axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a actuación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local.

Finalmente, o home foi trasladado ao centro médico de referencia.

facebook twitter instagram