Escoitar
martes, 7 Decembro, 2021

Unha colisión entre un turismo e un camión, ocorrida esta tarde nas Neves, saldouse cun home excarcerado polos medios de intervención.

Os feitos tiveron lugar pasadas as 17:30 horas, cando o propio condutor do camión implicado no accidente contactou co 112 Galicia para dar aviso do sinistro e solicitar asistencia médica e axuda para o condutor do outro vehículo, que estaba atrapado no interior do mesmo.

Para o quilómetro 1 da estrada comarcal PO-415, lugar da choque, os operadores do CIAE-112 Galicia mobilizaron aos servizos sanitarios, aos bombeiros do Porriño e de Ponteareas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez rematadas as tarefas de excarceración no punto, os equipos de emerxencias confirmáronlle ao 112 que foi necesario liberar a unha persoa.