Escoitar
sábado, 28 Xullo, 2018

Os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muíños empregaron o material de excarceración a pasada noite para liberar a un home que quedou atrapado no interior do turismo no que viaxaba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón resultou ferido despois de que o vehículo rematase fóra da vía no punto quilométrico 6 da OU-1202, no termo municipal ourensán de Muíños.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 22:55 horas, a través da chamada da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muíños.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Muíños e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez liberada, a persoa accidentada foi trasladada a un centro médico nunha ambulancia.