Escuchar
sábado, 14 Setembro, 2019

O condutor e único ocupante dun coche resultou ferido esta tarde ao bater contra un muro o vehículo no que circulaba en Culleredo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade excarceraron ao home, ao quedar atrapado no interior do vehículo sinistrado.

O accidente ocorreu na rúa Vicente Risco, ao redor das 18:45 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia informou do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Arteixo e da Coruña. Tamén, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil de Culleredo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.