Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros da Coruña, estoupou e ardeu unha secadora, sen que ningunha persoa resultase ferida. Ademais, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña tiveron que sanear a fachada debido aos danos que provocou a explosión.
Os feitos sucederon na Sexta Avenida do Polígono de Pocomaco, uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde.
Varias persoas particulares contactaron nese momento co 112 Galicia. Segundo relataban, houbera unha explosión no baixo dun edificio de tres andares, nunha lavandaría.
De xeito inmediato, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e Nacional e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.