Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 8 Maio, 2021

O lume rexistrado nunha vivenda situada na localidade do Augueiro, en Ortigueira, consumiu a primeira planta e colapsou o tellado de lousa da casa unifamiliar. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo a información facilitada polos equipos que acudiron ao lugar, as lapas quedaron extinguidas preto das 12:30 horas.

Os xestores do 112 Galicia recibiron o aviso ao fío das 04:30 horas da madrugada de hoxe a través da chamada dun familiar dos ocupantes da vivenda.

A partir dese momento, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos Bombeiros do Eume, do GES de Ortigueira e da Garda Civil. Os efectivos de Protección Civil da localidade tamén foron avisados por se fose necesaria a súa colaboración.

facebook twitter instagram