Imaxe escoitar Escoitar
luns, 22 Xullo, 2019

Os servizos de emerxencias sufocaron esta mañá a un incendio orixinado na cabina dun camión de transporte de pinturas que circulaba pola N-634, á altura do punto quilométrico 672.  

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada do condutor do camión ao redor das 11:30 horas. Foi necesaria a intervención do GES de Curtis para conter as lapas, xa que, pese a que o vehículo atopábase baleiro no momento do incidente, o lume tamén afectou á vexetación próxima.

Ata o punto desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento das estradas, así como os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos.

facebook twitter instagram