O corpo sen vida do home foi excarcerado polos equipos de rescate mobilizados ata o lugar do accidente, no punto quilométrico 15 da OU-0701.
A vía de circulación permanece cortada ao tráfico por mor do sinistro, mentres duren os labores por parte dos servizos de emerxencia para garantir a seguridade no lugar dos feitos.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través dunha persoa particular. Na comunicación, indicaba que o vehículo tiña a cabina esmagada e, no interior, o condutor estaba atrapado.
Acto seguido, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado, só puido confirmar o falecemento do home.
Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do GES de Castro Caldelas, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Valdeorras.