Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 12 Febreiro, 2020

Unha persoa perdeu a vida tras colidir de fronte un turismo e un camión na N-120, ao paso polo concello ourensán de Rubiá.

Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Valdeorras.

O accidente rexistrouse no 112 Galicia pouco antes das sete desta tarde tras recibir diversas chamadas de condutores alarmados pola situación na que quedou o turismo, encaixado no camión. Así, ante a probabilidade de que houbese persoas atrapadas no interior, o persoal do 112 Galicia pediu, de inmediato, a colaboración dos bombeiros para liberar ao ocupante do coche. Con todo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida.

Para colaborar cos bombeiros, desde o 112 Galicia, tamén se informou aos efectivos do GES de Valdeorras e aos axentes da Garda Civil, que se encargaron da xestión do tráfico e recoller toda información sobre esta colisión mortal.

facebook twitter instagram