Escoitar
mércores, 21 Setembro, 2022

Os Bombeiros de Barreiros deberon liberar a vítima, que quedou atrapada no interior do vehículo como consecuencia do impacto.

Pasadas as cinco desta mañá, unha chamada ao 112 Galicia permitiu activar os protocolos necesarios para a mobilización dos recursos de asistencia e salvamento tras a colisión entre un turismo e un camión tráiler na N-642, en Foz.

Segundo explicou o alertador, o impacto entre ambos os dous vehículos provocou que a vítima quedase atrapada no interior do coche, polo que deberon intervir os efectivos do parque comarcal de Bombeiros de Barreiros para liberala. Con todo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida. 

No operativo, tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Cervo e voluntarios de Protección Civil da localidade.