Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 2 Agosto, 2020

Un home faleceu este mañá na localidade pontevedresa de Caldas de Reis tras sufrir unha caída da bicicleta que manexaba.

O ciclista, segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia tras presenciar o suceso, comezou a moverse dun lado a outro da calzada, o que provocou a caída e o seu pasamento.

Ocorreu, sobre as 10:15 horas, na N-550, á altura de Bemil, en Caldas de Reis.

Ata o lugar desprazouse decontado un equipo do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puido confirmar o falecemento da persoa.

Tamén, nada mais recibir o aviso do alertante, os xestores do 112 Galicia informaron da situación aos Bombeiros de Vilagarcía, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram