Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 24 Outubro, 2020

Un home perdeu a vida esta mañá en Padrenda cando rozaba unha zona de monte cunha máquina, a cal colleu un ferro que saíu disparado e o alcanzou na cabeza, o que lle causou unha ferida mortal.

Foi un compañeiro do home falecido quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia pasados uns minutos das 10:10 horas.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos, en Lavandeira, un helicóptero medicalizado e, a pesar dos esforzos, os servizos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida.

Cómpre sinalar que, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do GES de Ribadavia e dos axentes da Garda Civil.

facebook twitter instagram