Escoitar
mércores, 23 Xaneiro, 2019

Un home perdeu a vida esta mañá ao ser atropelado no termo municipal pontevedrés de Catoira, concretamente no lugar de Corredoira Abaixo, ao fío das 9:20 horas.

Nese momento, os profesionais sanitarios alertaban do atropelo ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE112 informaron dos feitos á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Catoira e ao GES de Valga.

Unha vez no lugar do atropelo, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do home.