Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 6 Outubro, 2022

O falecido era o dono do vehículo agrícola que, segundo os axentes da Garda Civil, lle pasou por enriba despois de apearse na entrada dunha pista do pobo de Requeixo, en A Veiga (Ourense). Ademais, mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo dun helicóptero medicalizado.

Minutos despois das 11 horas, o 112 Galicia era alertado polo persoal do centro de saúde do lugar dun accidente de tractor, cuxo condutor estaba posiblemente atrapado. Entón, desde o 112 coordinouse a acción dos servizos sanitarios, que enviaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, a Garda Civil, os Bombeiros de Valdeorras e o GES da Veiga, que partiron cara o lugar equipados con material de excarceración.

Sen embargo, pouco despois confirmouse que a persoa non estaba atrapada. O equipo médico só puido confirmar o seu falecemento. Finalmente, presentáronse no punto axentes da Garda Civil de Tráfico, xa que non se producira nunha zona agraria.

Coche envorcado en Cerdedo-Cotobade
En Cerdedo-Cotobade, varios particulares axudaron a saír do seu vehículo a unha persoa que envorcara mentres circulaba pola estrada que conduce de Bouzas á Lama.

Os servizos sanitarios deron o aviso ao 112 ás 11:15 horas. Un particular que estaba na zona tentara axudar ao accidentado, pero non podía acceder á parte dianteira do coche. Polo tanto, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para chegar ata o lugar coa máxima celeridade. Pouco despois, o 112 era informado de que a persoa, que indicaba estar ferida leve, conseguira saír coa axuda dos particulares que se achegaron a auxilialo.

Para o operativo tamén se alertou aos Bombeiros de Ribadumia, ao GES da Estrada, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

facebook twitter instagram