Escuchar
domingo, 19 Xaneiro, 2020

Un home perdeu a vida esta tarde despois de sufrir un accidente de caza na parroquia de Vilardá, no concello ourensán de San Xoán de Río. De momento, descoñécense as causas do accidente.

Todo ocorreu pasados uns minutos das 15:00 horas de hoxe, nas proximidades da estrada que une Castro Caldelas e o Alto da Moá, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda urxente para o cazador. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa parte, os autoridades policiais e xudiciais deberán aclarar as circunstancias nas que se produciu o falecemento.

Compre indicar que neste operativo participaron ademais, os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Castro Caldelas e os voluntarios de Protección Civil da localidade.