Escuchar
domingo, 30 Xuño, 2019

Un home perdeu a vida esta tarde ao saírse da vía e terminar nun terraplén o coche no que circulaba. O accidente ocorreu na estrada que une Cee e Muros, á altura da parroquia da Ameixenda.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 14:15 horas para alertar do sinistro.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos realizados, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Por outra banda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Cee tiveron que excarcerar o corpo sen vida do varón, ao quedar atrapado no interior do vehículo accidentado.