Imaxe escoitar Escoitar
venres, 12 Abril, 2019

Un motorista faleceu pasadas ás 13:00 horas desta tarde despois de colidir o vehículo que conducía contra un coche cando circulaba pola estrada de Liñares a Ponte Ledesma, no concello pontevedrés da Estrada.

Foron varias persoas particulares os que contactaban a esa hora co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda para o motorista. Axiña, desde o 112 Galicia, informouse aos servizos sanitarios de urxencia, que, pese os esforzos por salvarlle a vida, so puideron confirmaban o falecemento da persoa.

Ademais, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias contaron co apoio do servizo de Emerxencias A Estrada, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, alertados polo persoal do 112 Galicia.

facebook twitter instagram