Imaxe escoitar Escoitar
luns, 26 Setembro, 2022

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o pasamento do traballador, que se precipitou desde unha altura considerable.

Un particular que se atopaba na zona avisou ao 112 Galicia dos feitos. No transcurso da chamada, que se producía ás 15:45 horas desta tarde, indicou que o implicado sufrira unha importante caída mentres participaba na montaxe dunhas atraccións en Lugo.

Inmediatamente, desde o 112 coordinouse a acción dos diferentes servizos de emerxencias. Nun primeiro momento, os axentes da Policía Nacional que se desprazaron ata o punto apuntaban á posibilidade de que o traballador puidese estar falecido, o que finalmente se confirmou coa chegada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No operativo tamén participou unha patrulla da Policía Local de Lugo.

facebook twitter instagram