Alertas activas:

Escuchar
sábado, 15 Febreiro, 2020

Un operario falece e outro resultou ferido a causa dun accidente rexistrado nunha nave industrial do Polígono da Granxa, no Porriño.

Sucedeu apenas uns minutos antes das dúas desta tarde, cando un palé cargado cun diverso material precipitouse sobre os traballadores.

Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada debaixo do palé, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño para liberala.

Pola contra, o compañeiro ferido presentaba lesións leves e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para recibir os coidados necesarios. 

Cómpre indicar que o 112 Galicia tivo coñecemento do sucedo mediante un aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaban un equipo ao lugar do accidente. Mentres, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade.