Imaxe escoitar Escoitar
venres, 17 Xaneiro, 2020

Unha muller faleceu esta tarde despois de ser atropelada por un vehículo cando circulaba pola parroquia de Armeses, concretamente no lugar a Touza, no concello ourensán de Maside.

Un particular foi quen, ás 14:00 horas, informou ao 112 Galicia solicitaba asistencia medica urxente para unha persoa que acaba de ser atropelada.

Por iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a colaboración do persoal sanitario que mobilizou ata o lugar do sinistro unha ambulancia medicalizada. Ademais, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil e Bombeiros do Carballiño, aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención.

Malia os esforzos do equipo sanitario alí desprazado, só se puido confirmar o falecemento da muller.

facebook twitter instagram