Malia que mobilizáronse os efectivos do GES, o rescate descartouse porque os veciños conseguiran retirar a porta cunha carretilla.
Tal e como explicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, os feitos ocorreron ás 15:30 horas de hoxe nun domicilio situado na Estrada de Ponferrada. Alí acudiron os membros do GES de Castro Caldelas e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.
Tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil co fin de recoller toda a información relacionada con este fatal accidente no ámbito doméstico.
Pola súa banda, o equipo de rescate de Castro Caldelas confirmou que o acceso dos sanitarios foi posible porque xa os veciños conseguiran retirar a porta o suficiente para facilitar a asistencia.