Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 28 Maio, 2020

Un home perdeu a vida esta mañá nas Nogais despois de ser golpeado por unha vaca. Os feitos sucederon no lugar de Chan de Vilar, na parroquia de Nullán, ao fío das 10:00 horas.

Debido á gravidade das lesións do varón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado, aínda que, pese aos esforzos, o equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida.

Foi unha persoa particular quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal médico, do GES de Becerreá e dos axentes da Garda Civil.

 

facebook twitter instagram