luns, 11 Setembro, 2023
Pasaban uns minutos das 02:00 horas cando varios particulares informaban ao 112 Galicia de que unha muller caera no patio de luces do seu edificio, situado na rúa Gerión, en A Coruña.
Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 Galicia requeriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e da Policía Local.
Segundo informaron ao 112 Galicia os servizos de urxencia a persoa caera dende un quinto piso ata o patio de luces do edificio. Cando os sanitarios chegaron ao punto, nada puideron facer pola súa vida, máis que confirmar o falecemento.