Escuchar
venres, 18 Xaneiro, 2019

Unha muller perdeu a vida a pasada tarde tras ser atropelada por un vehículo en Melide. O accidente produciuse na estrada N-547 na parroquia de Leboreiro.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19:00 horas da pasada tarde para alertar do suceso. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, situación tamén foi posta en coñecemento da agrupación de Protección Civil de Melide.

Pese aos esforzos dos efectivos sanitarios mobilizados ata o punto, só puideron confirmar o falecemento da muller.