Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 19 Agosto, 2018

Unha muller faleceu esta tarde despois de recibir un disparo nas costas en Cabana de Bergantiños.
 
Un familiar da vítima foi quen, ao fío das 17:00 horas, solicitaba ao 112 Galicia asistencia sanitaria para a muller. 

Tamén, neses intres, persoal do 061 informaba ao 112 da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, para o lugar Tras da Agra, en Cánduas, no concello de Cabana.  Indicaban que se trataba dun ferido a causa dun disparo con arma.
 
Con estes datos, os xestores de emerxencias informaron axiña á Garda Civil, GES de Ponteceso e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
 
Pese aos intentos de reanimación, os servizos sanitarios nada puideron facer mais que confirmar o falecemento da muller.

A Garda investiga as causas do suceso. 

 

facebook twitter instagram