Escoitar
sábado, 1 Outubro, 2022

Os feitos sucederon no lugar de Sombreu, ás 17:15 horas desta tarde.

O 112 Galicia recibiu nese momento varias chamadas de particulares que daban conta do incendio. Indicaban que había unha muller no interior da vivenda.

De xeito inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Betanzos, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil.

Malia os esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller.