Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 23 Outubro, 2019

Unha persoa perdeu a vida esta tarde despois de sufrir unha caída de altura cando traballaba nun hórreo situado na súa vivenda na parroquia da Infesta, en Santiago.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a persoa faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida e malia mobilizar unha ambulancia medicalizada para a rápida evacuación en caso de ser necesario.

Ao lugar do accidente, concretamente no lugar de Frades, tamén se desprazaron os axentes da Policía Nacional co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso, que tivo lugar ás 13:30 horas de hoxe.

facebook twitter instagram