Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 27 Maio, 2020

Unha muller resultou ferida a pasada tarde en Salvaterra de Miño ao lanzarse ao río nunha zona de difícil acceso no lugar de Grixó.

Para atender á ferida, os Bombeiros do Porriño e de Ponteareas empregaron unha padiola para evacuala ata unha ambulancia, na que foi trasladada a un centro hospitalario.

Os feitos ocorreron preto das 20:45 horas. Nese momento, unha persoa particular daba conta do ocorrido ao 112 Galicia.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos bombeiros.

facebook twitter instagram