Escuchar
domingo, 31 Maio, 2020

Unha muller foi evacuada ao centro hospitalario de referencia esta mañá despois de ser atropelada por un autobús urbano na Rúa Rosalía de Castro, en Pontevedra. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, tratouse da única persoa ferida neste accidente.

O sinistro produciuse ás 09:30 e, como consecuencia do impacto, a afectada sufriu lesións de diversa consideración, polo que foi trasladada ao centro médico.

Nada máis ter constancia do suceso, ao recibir o aviso dos profesionais de urxencias sanitarias, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Policía Local e tamén aos membros de Protección Civil da localidade.