Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 20 Setembro, 2020

Un home resultou ferido de consideración esta tarde en Cambados despois de que o quad no que viaxaba colidise contra unha parede.

O accidente tivo lugar na parroquia de Vilariño, uns minutos antes das 14:30 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros do Salnés, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home ferido foi trasladado polos efectivos sanitarios ao Hospital do Salnés.

facebook twitter instagram