Imaxe escoitar Escoitar
martes, 13 Novembro, 2018

Un mariñeiro resultou ferido  esta mañá mentres traballaba na súa embarcación no Porto de Boiro.

Debido á importancia das lesións ocasionadas, persoal sanitario informaba ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado  con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no Peirao de Cabo de Cruz.

Tras recibir a alerta, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e a dos efectivos de Protección Civil.

Unha vez evacuado, o ferido foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Camioneiro ferido
Tamén, en Vigo, un camioneiro resultou ferido tras levar un golpe cando realizaba o seu traballo, no Peirao de Vigo, concretamente, na zona de carga e descarga. Foi unha persoa particular quen, sobre as 10:15 horas desta mañá alertou ao 112 Galicia. Indicaba que o traballador levara un golpe na Zona Franca.

Decontado, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, dende o 112 tamén se informou do suceso á Autoridade Portuaria. 

facebook twitter instagram