Imaxe escoitar Escoitar
martes, 29 Maio, 2018

Un operario resultou ferido esta mañá no concello coruñés de Touro.

O traballador rozaba unha leira situada na parroquia de Santiso de Cornado, cando un ferro lle causou feridas de consideración nun dos seus brazos. Así o relatou un familiar da vítima cando chamou ao 112 Galicia, sobre as 11:30 horas desta mañá, para pedir axuda.

Tras recibir a chamada de alerta, o persoal do CIAE decontado puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, que debido á gravidade das lesións, mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar.

Tamén, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade. 

Finalmente, o ferido foi trasladado na aeronave ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

facebook twitter instagram