Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 1 Xuño, 2019

Un mozo resultou ferido de gravidade despois de ser atropelado por un tractor nunha finca particular, no lugar de Vallo, no concello coruñés de Sobrado.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Arzúa, que segundo indicaron, tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao ferido ao quedar atrapado baixo a máquina agrícola. Así mesmo, debido á gravidade das lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que un helicóptero medicalizado tamén se desprazaba ao punto. Así, nada mais ser liberado, a aeronave trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Unha persoa particular foi quen, pasados dez minutos das 19:30 horas da tarde de onte, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba unha ambulancia para un mozo que fora atropelado por un tractor nunha finca e que estaba  atrapado.

A partir de aí, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arzúa e dos membros do GES de Curtis. Así mesmo, os xestores de emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil.

facebook twitter instagram