Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 12 Decembro, 2018

Un home resultou ferido despois de chocar o vehículo que conducía contra un autobús.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados uns minutos das 09:00 horas desta mañá. Foi, a esa hora, cando o mesmo condutor do vehículo escolar -no que viaxaba un menor e a súa coidadora- solicitaba asistencia sanitaria  para o ocupante dun turismo que acababa de chocar contra el.  Os pasaxeiros do autobús resultaron ilesos.

O suceso ocorreu á altura de Sillobre, no punto quilométrico 3 de la DP-3503, na localidade coruñesa de Fene.

Nada mais recibir a alerta, dende o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros do Eume, GES de Mugardos e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Así mesmo, solicitouse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou da limpeza da vía. 

facebook twitter instagram